Dende fai algúns anos, e cun programa informático especialmente deseñado para a contabilidade de explotacións agropecuarias, préstase este servicio a aquelas explotacións interesadas nese tema. Gracias ó citado programa obtéñense índices económicos para a súa posterior interpretación e toma de decisións. As explotacións acollidas a este servicio -lácteas, cárnicas, vinícolas e hortícolas- obtivéronse uns resultados económicos sobresalientes.
Levámo-la planificación económica de algo mais de 2.000 explotacións.
Ademais de conseguir aumenta-la producción e as marxes, o tempo de reducir custos, véxase a continuación unha significativa táboa comparativa que mostra a estructura productiva láctea en países da Unión Europea.
PPrecisamente a nosa organización a través da súa filial "Selección y Mejora Genética" (SEMEGEN) acaba de recibi-la aprobación por parte do Ministerio de Agricultura para poder aportar a súa experiencia en materia de xestión controlada de cara á elaboración de informes para a Real Contable Axencia Nacional. SEMEGEN efectuará un traballo de campo sobre 116 explotacións das 891 elixidas en toda España co obxecto de obter delas información e resultados contables para coñecer mellor o comportamento dos mesmos en tódolos subsectores do universo agropecuario.
Outro apartado digno de mención dentro da xestión técnica é a que protagonizan os nosos veterinarios e enxeñeiros técnicos agrícolas en canto o seu asesoramento "in situ" os que desexan poñer en práctica os coñecementos e a formación adquirida en materia de inseminación artificial, partos, mellora xenética, control da mamite, podoloxía, ensilado, abonado, tratamento de residuos.