acceso restringido
usuario
clave
>novo usuario
  buscador




   Xóvenes Agricultores-Asaja Galicia é unha Organización Profesional Agraria que agrupa ós pequenos e medianos empresarios agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia.

   A Organización foi rexistrada no ano 1979 e iniciou a súa actividade coa intención firme e decidida de converterse na máis representativa dun sector, o primario, que resulta absolutamente transcendental para a economía galega.

   Tres voluntarios e un pequeno local son a sinxela orixe de Xóvenes Agricultores. Na actualidade disponse de cento dez profesionais fixos e de unha extensa rede de colaboradores que desenvolven a súas tarefas en trinta e unha oficinas abertas nas catro provincias.


CRONOLOXÍA
1979. Constitución de Xóvenes Agricultores
1982. Celebración do I Congreso de Xóvenes Agricultores
1984. Publicación do número cero da revista de Xóvenes Agricultores
1985. Celebración do Congreso Europeo de Xóvenes Agricultores en Santiago
1987. 1ª Manifestación en contra do Tratado de Adhesión (30.000 manifestantes)
1988. Consecución do primeiro Acordo Interprofesional Lácteo. Victoria nas primeiras eleccións a Consellos Reguladores
1989. Contribuímos á constitución do Laboratorio Interprofesional (LIGAL). Constitución de ASAJA Nacional
1990. Impúlsase a primeira campaña xeral de saneamento gandeiro.
1992. Consolidación definitiva da nosa maioría nos Consellos Reguladores de Denominacións de Orixe. Conseguímo-la asignación definitiva da cota láctea.
1993. Publicación do Nº 100 da nosa Revista. I Convención de ASAJA Nacional.
1994. Primeira comparecencia de Xóvenes Agricultores no Parlamento.
1995. Audiencia do Rei ó Secretario Xeral de Xóvenes Agricultores.
1996. A nosa Organización intégrase no Consello Económico e Social.
1997. Convertemos Galicia na capital forestal de Europa. Triunfou nos primeiros comicios a Ternera Galega.
1998. Elaborámo-lo Plan de Reordenamento Lácteo para a Presidencia da Xunta.
1999. Xóvenes Agricultores leva a Madrid tres mil galegos co traxe de peregrino para reclamar una reforma xusta da PAC. O comisario Fischler, impresionado tras visita-la explotación dun dos nosos afiliados. ASAJA Forestal, na constitución do Sistema Paneuropeo de Certificación Forestal. Asínase na nosa sede o Convenio Ibérico Forestal.
2000. Aznar toma nota das peticións de ASAJA-Galicia. Asumímo-la presidencia da Interprofesional Láctea Española.
2001. Xóvenes Agricultores arrasa nas eleccións o Consello Regulador Rías Baixas e deixa fora a SLG e UUAA. Audiencia real do Príncipe Felipe ó noso Secretario Xeral. ASAJA Forestal organiza en Santiago a V Asemblea Europea de Certificación Forestal. Xóvenes Agricultores reúne en Compostela a 20 países iberoamericanos para debater sobre Desenvolvemento Rural.
2002. Xóvenes Agricultores gaña as eleccións a Cámaras Agrarias Provinciais de Galicia e consegue 49 dos 100 vocais electos.

© Asociación de Xóvenes Agricultores de Galicia
- aviso legal -

ampliar revista
Revista Xullo-Agosto
01/06/2010 
XÓVENES AGRICULTORES PARTICIPOU NA CONCENTRACIÓN DE MÉRIDA PARA ESIXIR DA UE COMPROMISOS REAIS CO SECTOR
26/05/2010 
OS GANDEIROS GALEGOS PARTICIPARÁN NA CONCENTRACIÓN DE MÉRIDA PARA ESIXIR DA UE COMPROMISOS REAIS CO SECTOR
21/05/2010 
XÓVENES AGRICULTORES LAMENTA O FALECEMENTO DE ANTONIO BECERRA PULLEIRO
   
Consulte a previsión do tempo en Galicia desde o servidor da CRTVG, o conectando ca Meteogalicia-SIAMM da Xunta de Galicia.
www.siam-cma.org/meteoroloxia
Pomos a sua disposición un recopilatorio das axudas máis adecuadas para o noso sector. Consúlteas.